Novo MID chinés con pantalla de 8 polgadas

venres, 21 de maio do 2010 Marcus Fernández

Os MID con aspiracións de tablet non cesan de chegar al mercado, e o último en ver a luz é o Eken M003, que cunha pantalla táctil de 8 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador Rockchip 2808A a 600 MHz, 128 Mb de RAM, Wi-Fi, 2/4 Gb de memoria interna, lector de tarxetas SD de ata 32 Gb (inclúe unha de 2 Gb), altofalantes, micrófono e sistema operativo Android 1.5.
Este dispositivo está á venda por 237,99 dólares (189,21 euros) e permite navegar por Internet, usar o correo electrónico, visualizar documentos ofimáticos (Word, Excel, PowerPoint e PDF), acceder á mensaxería instantánea (Fring, SkypeOut, QQ, MSN e Gtalk) e reproducir contidos multimedia. En definitiva, unha especie de ordenador en miniatura que pode ser unha interesante opción para acceder á Rede con certas limitacións.


Demostración en vídeo do funcionamento do Eken M003

PUBLICIDADE