Novo emisor de TDT en Camelle

venres, 15 de abril do 2011 Redacción

Ortofotografía coa situación do novo emisor de TDT de Camelle

A Xunta de Galicia vén de pór en servizo o novo centro emisor de Televisión Dixital Terrestre (TDT) de Camelle, no municipio coruñés de Camariñas, atendendo así as queixas dos veciños da zona polo mal funcionamento do repetidor instalado no seu día polo Concello.
O novo centro emisor, que desde o pasado serán dá servizo a máis de 1.000 habitantes, está instalado na parte leste da enseada de Camariñas. A infraestrutura consta dunha caseta, construída polo Concello e unha torre metálica de 18 metros que soporta as antenas de TDT, e que foi instalada pola Secretaría Xeral de Medios. Completan o centro emisor os equipos de transmisión da televisión dixital terrestre, que supuxeron o investimento de 60.000 financiados a partes iguais polo Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia.
Nos vindeiros días, incrementarase a oferta televisiva en Camelle coa recepción das canles de TVE en HD.
Dende a Xunta recomendan aos veciños desta localidade que orienten as súas antenas de televisión e que volvan a sintonizar de novo os seus receptores de TDT.

PUBLICIDADE