Novo lector de libros electrónicos de Sony

venres, 3 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Como principal novidade o Sony PRS-700 incorpora unha pantalla táctil

Os lectores de libros electrónicos parecen querer emerxer grazas ao éxito do Amazon Kindle, e Sony presentou o seu PRS-700, que en pouco máis de 250 gramos inclúe unha pantalla táctil de 6 polgadas que permite dende facer anotacións nos textos ou realizar buscas por palabras chave (mediante un teclado virtual) ata pasar as follas cos dedos.
A tecnoloxía empregada polo Sony PRS-700 continúa a ser o papel electrónico, pero mellora con respecto aos modelos anteriores en resolución, se pode ler mellor baixo luz solar directa e integra iluminación LED por se precisamos ler de noite.
A autonomía do lector permite ler ata 7.500 páxinas cunha única carga, na súa memoria interna se poden cargar unha media de 350 libros, aínda que tamén se poden cargar dende tarxetas de memoria SD ou Memory Stick Duo.
Sairá á venda o vindeiro mes a 400 dólares.

PUBLICIDADE