Novo mini-portátil a só 99 dólares

luns, 4 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios que precisen dun equipo informático de alta portabilidade teñen unha nova opción que se engade á familia de portátiles de baixo custo, máis próxima ao rendemento dunha PDA que ao dun ordenador, pero que se ve compensada por un prezo moi axustado, pois o Jpro Laptop-JL7100 se vende por só 99 dólares.
Estes pequenos ordenadores teñen unha pantalla TFT de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, un procesador a 400 MHz, 3 portos USB, teclado QWERTY, Touchpad, 64 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento (a través de tarxetas SD) e o sistema operativo Windows CE 5.0.
Só miden 225 x 165 x 36 milímetros, pesan 680 gramos e a súa autonomía é de 4 horas en uso (e 72 en espera). Se comercializan en cor branca, rosada, negra ou celeste e soportan aplicacións coma os visores de documentos de Microsoft Office, o Messenger, o Media Player, o Wordpad, PDF Viewer ou o Internet Explorer.

PUBLICIDADE