Novo móbil con cámara 3D de Sharp

mércores, 11 de maio do 2011 Marcus Fernández

A febre polas imaxes estereoscópicas non se limita ao cine e as consolas de videoxogos, senón que tamén chega aos móbiles, e a última vítima é o Sharp Aquos Phone SH-12C, que incorpora na súa parte traseira dúas cámaras de 8 Mpíxeles, de xeito que pode capturar imaxes en 3D e incluso gravar vídeo estereoscópico a 720p, superando á meirande parte das cámaras compactas 3D do mercado.
O terminal conta cun procesador Qualcomm MSM8255 a 1,4 GHz, pantalla de 4,2 polgasa cunha resolución de 540 x 960 píxeles, conexión HDMI (para poder gozar dos contidos captados nun televisor) e o sistema operativo Android 2.3 cunha interface gráfica personalizada polo seu fabricante (TapFlow UI). Este móbil medirá 64 x 127 x 11,9 milímetros e pesará 138 gramos. Chegará ás tendas xaponesas o vindeiro día 20 en dúas cores (branco e negro).

PUBLICIDADE