Novo móbil ecolóxico de Sony Ericsson

xoves, 4 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Sony Ericsson pretende reducir un 20% as emisións de CO2 que fai a compañía á atmosfera de aquí a 2015, á vez que tamén queren contribuír á redución de emisións dende os fogares, e dentro da súa liña de actuacións lanza o terminal telefónico C901 GreenHeart, un móbil ecolóxico que prescinde de produtos químicos contaminantes, aposta por un manual electrónico para minimizar o uso de papel, reduce o tamaño da súa caixa para reducir as emisións durante o seu transporte, está feito de plástico reciclado e o seu cargador é de baixo consumo. Estes avances reducirían a pegada de CO2 nun 15%, o que sería un bo comezo.
O Sony Ericsson C910 GreenHeart mide 10,5 x 4,5 x 1,3 centímetros, pesa 107 gramos, ten unha pantalla TFT de 2,2 polgadas cunha resolución de 240 x 320 píxeles, ten conectividade GSM/GPRS/UMTS, HSUPA e Bluetooth, conta cunha cámara de 5 Mpíxeles con flash de xenon, gravación de vídeo e enfoque automático, reproduce música, permite ampliar os seus 120 Mb de memoria interna mediante tarxetas M2 de ata 8 Gb, ten unha autonomía de ata 9,5 horas en conversa e 430 horas en espera e sairá á venda este mesmo mes.

PUBLICIDADE