Novo móbil resistente de Samsung
luns, 31 de xaneiro do 2011
Orange
vén de conseguir para o seu catálogo de móbiles o Samsung B2710,
interesante terminal non polas súas avanzadas prestacións, senón pola súa
resistencia, pois é capaz de soportar auga, lama, caÃdas e temperaturas
extremas (opera entre -20 e 60 graos centÃgrados). Ten unha pantalla TDT de 2
polgadas resistente a rabuñaduras, auga e po, e incluso podemos somerxer o
terminal a 1 metro de profundidade durante 30 minutos.
Pensando nos usuarios máis aventureiros, o Samsung B2710
incorpora podómetro, altÃmetro, compás dixital e lanterna. O seu teclado
convexo ten un tacto suave e posibilita o seu uso incluso con luvas e tamén
conta con altofalantes, cancelación de ruÃdo e soporte de mensaxerÃa
instantánea e redes sociais.