Novo monitor de alta definición de Apple

martes, 14 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os novos Cinema Display son ideais para o seu uso cos novos portátiles de Apple

Apple tiña abandonadas as súas pantallas Cinema Display, que non se renovaban dende hai 2 anos, e que finalmente actualizan as súas prestacións (sen descatalogar os seus modelos anteriores de 20, 24 e 30 polgadas).
A nova Cinema Display conta con retroiluminación LED, integra cunha webcam iSight, ten 3 portos USB e inclúe un cable que integra conector Mini DisplayPort, USB e MagSafe (axudando a simplificar o escritorio do equipo informático).
O seu tamaño de pantalla é de 24 polgadas e conta cunha resolución de 1.920 x 1.200 píxeles (o que se considera FullHD nas pantallas 16:10). Mide 47,84 x 57,32 x 19,71 centímetros, pesa 9,5 quilogramos e se venderá en breve por 820 euros.

PUBLICIDADE