Novo navegador GPS axeitado para motocicletas

mércores, 3 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O fabricante de dispositivos GPS Becker levou á feira IFA o seu navegador Traffic Assist 100, tamén coñecido coma Crocodile (ou crocodilo) pola súa aparencia externa, que dota ao dispositivo de resistencia á auga e aos golpes (o que o faría axeitado para o seu uso en motocicletas), grazas a un acabado que lembra á pel dun réptil.
Este novo navegador GPS vén a ser unha versión reforzada do Traffic Assist Z 201, de xeito que incorpora as súas prestacións coma os avisos visuais ou acústicos dos límites de velocidade, pantalla táctil de 4,3 polgadas, modelos tridimensionais de edificios para facilitar a orientación nas cidades, unha memoria Flash de 2 Gb que inclúe os mapas de 42 países europeos precargados (con máis de 1.000 imaxes 3D fotorrealistas de Europa) e soporte de 28 idiomas.
O Crocodile de Becker sairá á venda en outubro a 300 euros.

PUBLICIDADE