Novo número da revista O Barbanza

luns, 9 de setembro do 2019 Marcus Fernández

Sae o número 4 de O Barbanza, revista mensual do Grupo Código Cero Comunicación que se distribúe de balde nos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo.
Neste novo número detallamos algunhas das festividades máis sobranceiras e históricas do calendario anual da comarca, como as Festas da Guadalupe de Rianxo, as Festas do Nazareno da Pobra e as Festas de Santa Uxía de Ribeira.
Tamén falamos do novo auditorio de Ribeira, do pulo do Concello de Boiro na cobertura tecnolóxica das parroquias e da descentralización da oferta cultural dos centros sociais da Pobra.
Pecha o número unha entrevista a Manuel Ayaso, pintor de Aguiño con sona internacional.

PUBLICIDADE