Novo número da revista O Barbanza

mércores, 23 de outubro do 2019 Redacción

Sae o número 5 de O Barbanza, revista mensual do Grupo Código Cero Comunicación que se distribúe de balde nos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo.
Neste novo número falamos con Manuel Ruíz Rivas, alcalde de Ribeira; Xosé Lois Piñeiro, alcade da Pobra do Caramiñal; José Ramón Romero García, alcalde de Boiro; e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo; para valorar os 100 primeiros días de goberno municipal.
Tamén comentamos detalles de actualidade como a falta de información sobre a depuradora de Castiñeiras, a publicación dunha biografía de Rafael Dieste, o inicio da retransmisións mediante streaming dos plenos municipais de Boiro e a celebración dunhas xornadas sobre Valle-Inclán, entre outros temas.

PUBLICIDADE