Novo portátil con pantalla multi-táctil de Dell

venres, 20 de novembro do 2009 Marcus Fernández

A chegada do Windows 7 ao mercado disparou o número de equipos dotados con pantalla multi-táctil, tanto de escritorio coma portátiles, e dentro deste último grupo temos o novo Dell Studio 17 Touch, que cunha pantalla multitáctil de 17,3 polgadas e cunha resolución de 1.600 x 900 píxeles achega tamén unhas altas prestacións (con ata un procesador Intel Core i7, 8 Gb de RAM e 1 Tb de disco duro), Wi-Fi, portos USB, eSATA,HDMI, DisplayPort, VGA e Firewire e unha tarxeta gráfica Intel GMA 45000 HD, aínda que coma contraprestación, o seu peso é duns 3,2 quilogramos.
O equipo está á venda nos EE.UU. a partires de 899 dólares (604,89 euros) e agárdase que pronto chegue ás tendas españolas.

PUBLICIDADE