Novo portátil de Acer con pantalla LED táctil

mércores, 29 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Os todo-en-un con pantalla multi-táctil están a ser un produto cada vez máis popular, e seguindo os mesmos pasos Acer presenta o seu portátil Aspire 5745P, que conta cunha pantalla multi-táctil LED de 15,6 polgadas apoiada por software de Acer que facilita o control cos dedos de distintas funcións como a visualización de fotografías, a reprodución multimedia ou o acceso a redes sociais coma Twitter ou Facebook.
O Acer Aspire 5745P non só ten unha pantalla táctil, senón que tamén é bastante completo en prestacións, podendo configurarse con procesadores dende un Intel Core i3 ata un Intel Core i7, ata 16 Gb de RAM, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0 (opcional), Gigabit Ethernet, webcam, son Dolby Home Theater e unidade Blu-ray.

PUBLICIDADE