Novo portátil reforzado de Panasonic
xoves, 25 de setembro do 2008
Panasonic estrea unha
nova liña de portátiles reforzados entre os que destaca o Toughbook
F8, que se trata dun equipo con procesador Intel Core 2 Duo a 2,26
GHz, 1 Gb de RAM, 160 Gb de disco duro resistente a golpes, DVD, pantalla de
14,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles, Wi-Fi, Bluetooth e 3G
opcional.
O equipo mide 25,15 x 32,5 x 2,5-4,8 centÃmetros, pesa 1,7 quilos (bastante
pouco para un portátil destas caracterÃsticas) e funciona co sistema operativo
Windows Vista (con opción de Windows XP). A súa autonomÃa é de 6 horas aproximadamente
e conta coas resistencia doutros modelos Toughbook de Panasonic: chasis aliaxe de magnesio, teclado resistente a
molladuras e conectores internos flexibles.
Este resistente portátil sairá ao mercado en novembro, e virá acompañado polos
modelos Toughbook W8 e T8, que teñen unha pantalla de só 12,1 polgadas o que
permite engadirlle 1 hora á autonomÃa da súa baterÃa.