Novo proxector de alta definición de Samsung

xoves, 16 de abril do 2009 Marcus Fernández

Nun momento no que os televisores LCD e plasma de grande tamaño teñen un prezo moderado e difícil colocar no mercado proxectores de vídeo, polo que os modelos que aparecen tenden a destacar pola súa estética ou polas súas prestacións, e combinando ambos camiños Samsung presenta o seu proxector A800B, que funciona con tecnoloxía DLP cunha resolución de alta definición (1.920 x 1.080), unha relación de contraste de 10.000:1, 1.000 lumens ANSI, 2 portos HDMI, 1 porto VGA, 2 tomas de compoñentes, 1 de S-Video e 1 RCA, nunhas dimensións de 45,72 x 21,59 x 48,26 centímetros, un peso de 9,8 quilogramos e un deseño moi elegante, aínda que o seu prezo vai ser bastante elevado (fálase de preto de 10.000 dólares).

PUBLICIDADE