Novo receptor de TDT con gravación en tarxetas de memoria

mércores, 14 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Best Buy amplía o seu catálogo de receptores de Televisión Dixital Terrestre co seu Easy Home TDT Nano REC, que permite non só captar o sinal televisivo, senón tamén gravar as transmisións en tarxetas de memoria SD ou SDHC de ata 32 Gb, conservando elementos coma os subtítulos e distintas pistas de audio, á vez que tamén abre a porta a o uso de prestacións avanzadas coma o TimeShift, que permite facer pausas en directo (para non perder nada da programación televisiva en caso de interrupción).
O dispositivo tamén conta cun porto USB dende o que cargar música (MP3), imaxes (JPEG) e vídeos (MPEG-2) dende memorias USB ou discos duros externos. O seu prezo de venda será de 39,909 euros.

PUBLICIDADE