Novo reprodutor Sansa Clip+ de SanDisk

luns, 31 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Aínda que moitos reprodutores multimedia portátiles optan polas memorias Flash internas coma único sistema de almacenamento, outros tiran de tarxetas de memoria (cada vez máis populares e baratas) coma o SanDisk Sansa Clip+, que véndese en capacidades de entre 2 e 8 Gb a prezos de entre 40 e 70 dólares, pero que tamén acepta memorias microSD (entre as que estarían as slotMusic do seu mesmo fabricante, e que inclúen música pre-cargada).
Este cativo reprodutor funciona con música en MP3, WMA, Audible, Ogg Vorbis e FLAC, incorpora sintonizador de radio FM, gravación de voz, unha pantalla OLED de 1 polgada e unha batería cunha autonomía dunhas 15 horas.
Unha interesante opción para que queira ter un trebello puramente musical, de reducido tamaño e con capacidade de ampliación, mantendo un prezo moi axustado.

PUBLICIDADE