Novo reprodutor multimedia acuático
martes, 9 de novembro do 2010
Naical vén de pór
á venda en España
por 79,89 euros un orixinal reprodutor musical pensado para a práctica
deportiva, incluso baixo a auga, pois o NU
Dolphin Lite cumpre co estándar de resistencia á auga IPx7 e grazas ao seu
deseño, pode ser ideal para o seu uso na piscina.
Este reprodutor conta cuns auriculares tamén somerxibles, carentes de cables,
pois a diadema que os une por detrás da caluga do usuario tamén ten o conector
para o pequeno reprodutor musical, evitando a incomodidade de levar o
dispositivo nun brazo coma outros reprodutores semellantes.
O NU Dolphin Lite reproduce música en MP3 e WMA almacenada na súa memoria
interna de 2 Gb, ten unha autonomÃa de ata 20 horas tras 2 horas de carga
(aÃnda que tamén é capaz de operar durante 2 horas tras unha carga rápida de 5
minutos), mide 6,5 x 2 x 1,3 centÃmetros e pesa 20 gramos.
Aparte do uso en actividades acuáticas, este reprodutor musical tamén resulta cómodo
para a práctica de moitos deportes (por non precisar de correas de ningún tipo
durante o seu uso), ou simplemente para utilizar en condicións de alta humidade
sen temor a que o trebello sufra unha avarÃa.
Explicación do funcionamento do reprodutor NU Dolphin Lite