Novo reprodutor multimedia Blusens P27 con pantalla panorámica de 2,4 polgadas

venres, 1 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Blusens, o fabricante compostelán de produtos de electrónica de consumo presentou o seu novo reprodutor MP3 ultracompacto con pantalla panorámica para a visualización de imaxes e vídeos, o P27.
Con 51 gramos de peso e unha medidas de 6,5x5x1 centímetros, o Blusens P27 incorpora unha pantalla TFT de 2,4 polgadas (ou sexa, que case ocupa toda a superficie do dispositivo) e pode reproducir ficheiros de son en formatos MP3 e WMA, así como vídeo en AVI e MPEG-4. Conta cunha capacidade de 1 Gb aínda que se pode incrementar mediante tarxetas de memoria miniSD.
Para completar este reprodutor multimedia conta con micrófono, altofalante e sintonizador de radio FM e aliméntase grazas a unha batería de litio de longa duración.
O prezo de venda recomendado do P27 é de 89 euros.

PUBLICIDADE