Novo router sen fíos para conexións 3G

mércores, 27 de maio do 2009 Marcus Fernández

O espallamento das redes de banda larga móbiles está a promover a aparición de moitos routers que en vez de permitir compartir unha conexión ADSL ou de cable fan o propio coa conectividade HSDPA de ata 7,2 Mbps (e HSUPA de ata 2 Mbps), coma o Xacom Simplex Plus, que resulta ideal para conectar fogares ou pequenas oficinas á Internet valéndose da rede de telefonía móbil (soportando conexións dende GPRS ata HSDPA), para permitir compartila a través un porto Fast Ethernet e de conexións Wi-Fi (IEEE 802.11b/g).
Amais, tamén conta cun porto para teléfono analóxico (para aproveitar o router para facer chamadas telefónicas) e con opción de aplicacións para extensión móbil (o que permitiría atender unha chamada do móbil a través do fixo e viceversa).
Para ampliar as súas posibilidades, o dispositivo tamén integra a función de router ADSL 2/2+.

PUBLICIDADE