Novo tablet con Android 4.0 e pantalla de 9,7 polgadas

luns, 14 de maio do 2012 Marcus Fernández

Continúan a chegar ao mercado tablets co sistema operativo Android que suman boas prestacións para poder alzarse como unha alternativa ao iPad a un prezo máis económico, e o último do que sabemos é o MarquisPad MP977 de Matsunichi, que cunha pantalla de 9,7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles (formato popularizado polo iPad) conta tamén cun procesador de dobre núcleo a 1, 2 GHz, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD), unha autonomía de 5 horas e sistema operativo Android 4.0 quere chegar ao mercado este mesmo mes a un prezo de 249 dólares (194,18 euros).
Pero Matsunichi non quere quedar aí, e xa prepara o seu modelo MP1010 (que contará con pantalla de 10,1 polgadas, procesador a 1,5 GHz e 10 Gb de almacenamento interno) para finais do verán.

PUBLICIDADE