Novo tablet económico de bq con pantalla de 8 polgadas
venres, 4 de maio do 2012
O empresa española bq, especializada en tablets e eReaders
(nutrindo destes últimos a Movistar, FNAC e Casa del Libro), continúa a ampliar
a súa familia de tablets económicos, agora co bq Kepler 2, que
chega con Android 4.0, procesador Cortex A8 a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de
memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD e unha pantalla
multi-táctil capacitiva de 8 polgadas cunha resolución de 800 x 600 pÃxeles a
un prezo de só 149 euros, converténdose nun dispositivo de entrada moi axeitado.
O prezo axustado non impide que esteamos ante un dispositivo con Wi-Fi N,
microUSB 2.0 OTG (o que permite conectarse un teclado, un rato ou un disco duro
coma se fose un PC), baterÃa de 5.000 mAh, cámara frontal e saÃda HDMI a 1.080p.
Pode reproducir os formatos de vÃdeo e audio máis populares (AVI, MP4, FLV,
MKV, MOV, MP3, WAV...), amosar documentos de texto (EPUB, PDF, TXT, FB2, PDB e
RTF) e imaxes (JPEG, BMP, GIF e PNG) e mesmo reproducir contido en Flash 11,
que consegue manter unha liña coidada, unha dimensións de 205 x 156 x 11
milÃmetros e un peso de 498 gramos, ou sexa, que serÃa só lixeiramente inferior
a un iPad, pero cun prezo moi diferente.
- O bq Kepler 2 funciona con Android 4.0