Novo todo-en-un de Lenovo

mércores, 7 de xullo do 2010 Marcus Fernández

O vindeiro 17 de xullo porase á venda no Xapón o novo Lenovo IdeaCentre A310, equipo todo-en-un que funciona cun procesador Core i3-350M a 2,26 GHz fabricado con tecnoloxía de 32nm e cun procesador gráfico integrado de 45nm capaz de procesar vídeo en alta definición, polo que estamos ante un equipo tecnoloxicamente bastante avanzado que venderase por 109.000 iens (983,18 euros).
O IdeaCentre A310 ten unha pantalla de 21,5 polgadas con retroiluminación LED cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, 3 Gb de RAM (ampliables a 8 Gb), sistema operativo Windows 7 Home Premium de 64 bits con Office Personal 2010, disco duro de 500 Gb, gravadora de DVD, lector de tarxetas de memoria 7-en-1, 4 portos USB 2.0 e Bluetooth (tecnoloxía coa que se conecta o seu teclado e rato).

PUBLICIDADE