Novos accesorios para celebrar os 20 anos de Xbox
xoves, 7 de outubro do 2021
Para celebrar o 20º aniversario de Xbox a división de xogos
de Microsoft anunciou
un par de accesorios que sairán á venda o 15 de novembro para conmemorar
este fito.
O produto máis predicible serÃa o mando sen fÃos Xbox Edición especial do 20º
aniversario, que contará cun acabado negro translúcido cun interior en cor
prata para que poidan apreciarse os seus detalles, á vez que tamén conta cun
botón verde para lembrar o primeiro logotipo de Xbox. Esta icónica cor verde
tamén estará presente nos agarres traseiros e a redor da cruceta hÃbrida.
Amais, ao conectar este mando a consolas Xbox Series X|S desbloquearase un fondo
dinámico exclusivo. Este novo mando terá
un prezo de 64,99 euros.
Coa mesma liña de deseño resulta máis sorprendente que se animasen a lanzar uns
auriculares estéreo Xbox Edición 20º aniversario, que tamén teñen un acabado
negro translúcido cun interior en cor prata para que se vexan os seus detalles
interiores, que tamén contará con acentos en cor verde, asà como tamén amosará
no auricular esquerdo o logotipo do 20º aniversario e no auricular dereito o
logotipo de Xbox. Estes auriculares con compatibles co son espacial de Windows
Sonic, Dolby Atmos e DTS Headphone:X, e terán un
prezo de 64,99 euros.