Novos auriculares de Huawei con son de alta resolución

martes, 11 de abril do 2023 Marcus Fernández

Huawei vén de presentar no Reino Unido uns novos auriculares sen fíos, os Huawei FreeBuds 5, que destacan polo seu deseño curvado e sairán á venda por 159 euros en varios mercados europeos.
Estes novos auriculares ofrecen son de alta resolución sen fíos (graza ao codec LDAC permite transmisións de até 990 Kbps), integran 3 micrófonos que coa axuda da intelixencia artificial conseguen chamadas de maios calidade (mellora a voz e reduce o ruído de fondo), os auriculares teñen unha autonomía de até 5 horas que poden ampliarse até 30 horas de escoita grazas ao seu estoxo de carga, contan con resistencia IP54 e poderanse adquirir en 3 cores diferentes (prata, branco e laranxa coral).

Os novos auriculares de Huawei teñen un deseño bastante orixinal

PUBLICIDADE