Novos móbiles de gama media de POCO
xoves, 23 de xuño do 2022
POCO,
a marca de Xiaomi, organizou un evento de lanzamento para os
seus novos POCO F4 e POCO X4 GT, un par de smartphones de gama media moi
interesantes polas súas elevadas prestacións a un prezo relativamente axustado.
O POCO X4 GT é un
smartphone cun potente procesador MediaTek Dimensity 8100, memoria LPDDR5,
almacenamento UFS 3.1, refrixeración mediante cámara de vapor, pantalla Full HD+
de 6,6 polgadas cunha velocidade de refresco dinámica de até 144 Hz e soporte
de Dolby Vision, unha baterÃa de 5.080 mAh con carga rápida de 67 watts, cámara
traseira tripla cun sensor principal de 64 MpÃxeles, cámara frontal de 16
MpÃxeles, altofalantes estéreo con Dolby Atmos, NFC, emisor de infravermellos e
lector de impresións dixitais lateral, que véndese a 379,99 euros na súa
versión con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, mentres que o modelo con 256
GB de capacidade custa 429,99 euros.
Por outra banda, o POCO F4
vén a ser unha alternativa económica ao POCO F4 GT, que está equipado cun
procesador Qualcomm Snapdragon 870 con 5G, memoria LPDDR5, almacenamento UFS
3.1, refrixeración por cámara de vapor, pantalla AMOLED Full HD+ de 6,67
polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz, baterÃa de 4.500 mAh con carga
rápida de 67 watts (de xeito que pode realizar unha carga completa en 38
minutos), cámara traseira tripla de 64 MpÃxeles con estabilización óptica de
imaxe, cámara frontal de 20 MpÃxeles, altofalantes estéreo con Dolby Atmos,
NFC, lector de impresións dixitais lateral, emisor de infravermellos, un grosor
de 7,7 milÃmetros e un peso de 195 gramos, que véndese a 399,99 euros con 6 GB de
RAM e 128 GB de almacenamento, mentres que a versión con 8 GB de RAM e 256 GB
de almacenamento ten un prezo de 449,99 euros.
Evento de presentación do POCO F4 e do POCO X4 GT