Novos produtos ultra-panorámicos de LG
mércores, 19 de xuño do 2013
AÃnda que nos últimos anos vivimos de xeito profundo, tanto
en televisores como en equipos informáticos a transición entre o formato de
pantalla 4:3 e o 16:9 (panorámico), algúns fabricantes continúan querendo ir
máis adiante e queren adoptar unha relación de aspecto cinematográfica ou
ultra-panorámica (21:9), e aÃnda que tal teima non conseguiu converterse en
tendencia, para atender á demanda dos convencidos LG anuncia un par de produtos
nesta liña: un televisor e un ordenador todo-en-un.
O equipo todo-en-un trátase dun ordenador con pantalla de 29 polgadas 21:9 con
panel IPS cunha resolución de 2.560 x 1.080 pÃxeles, que pode operar como
ordenador e como televisor (con diversos modos de pantalla partida e Picture-in-Picture). Integra un
procesador Intel Core i5, gráfica nVIDIA GeForce GT640M e entrada HDMI (para
poder empregalo incluso como monitor). Venderase a prezos (segundo
configuración) de entre 1.490.000 e 2.290.000 wons (983,50 e 1.511,55 euros).
O televisor tamén soporta varios modos de pantalla partida e Picture-in-Picture, entre os que destaca
un modo no que divide a pantalla en dúas sección: unha cunha imaxe televisiva
de alta definición en 16:9 e o segmento restante de 5:9 cunha representación da
pantalla dun smartphone co que establezamos conexión). Tamén conta con entradas
DisplayPort, DVI, HDMI e MHL. Terá un prezo de 690.000 wons (455,45 euros).