Novos reprodutores multimedia de Philips

venres, 20 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Reprodutor Philips GoGear AriazPhilips amplía a súa gama de reprodutores multimedia GoGear cos modelos Opus e Ariaz, que presentan pantallas de 2,8 e 2 polgadas respectivamente.
O Philips GoGear Opus pese a contar cunha pantalla de bastante bo tamaño, só presenta unha resolución de 320 x 240 píxeles, incorpora tecnoloxía FullSound que combinada cos auriculares con illamento do son permite un son máis elevado e limpo, conta con conectividade Bluetooth estéreo, radio FM e micrófono (podendo gravar tanto voz como emisións radiofónicas). Chegará en abril en capacidades de 8, 16 e 32 Gb a 99, 147 e 179 euros respectivamente.
O Philips GoGear Ariaz pola súa banda tamén inclúe a tecnoloxía FullSound para mellorar a reprodución musical incluso en arquivos MP3 altamente comprimidos, os seus auriculares tamén contan con illamento acústico (para evitar interferencias externas), mide 66 x 43 x 12 milímetros, manéxase a través de botóns táctiles e unha grande tecla para moverse rapidamente entre os menús, soporta os formatos multimedia máis habituais (música en MP3 e WMA e vídeo en MPEG-4), inclúe radio FM con RDS, pode gravar voz e radio e chegará en abril en capacidades de 4, 8 e 16 Gb a 79, 99 e 129 euros respectivamente.

PUBLICIDADE