Novos smartphones de Acer

mércores, 13 de maio do 2009 Marcus Fernández

O Acer Tempo X960 parece unha versión avanzada do DX900

Acer fixo oficial esta semana o lanzamento dos seus smarphones X960 e DX900, que funcionan co sistema operativo Windows Mobile 6.1 é que estarían á venda libres a un prezo aproximado de 399 euros.
O Acer DX900 destaca por incluír soporte para dúas tarxetas SIM (o que dificultaría que as operadoras subvencionasen este terminal), ten unha pantalla táctil de 2,8 polgadas cunha resolución de 640 x 480 píxeles, HSDPA, Wi-Fi, Bluetooth 2.0+EDR, GPS e cámara de 3 Mpíxeles con enfoque automático. Mide 106 x 60,5 x 17 milímetros, pesa 147 gramos e ten unha autonomía de 5 horas en conversa e ata 150 horas en espera.
Pola súa banda, o Acer Tempo X960 é un terminal moi semellante que presenta unha interface animada en 3D que mellora a súa experiencia de uso, coincidindo co outro móbil comentado en pantalla, e conectividade, aínda que incluíndo tamén unha fenda para tarxetas microSD. As súas medidas son de 106,4 x 59 x 13,7 milímetros, pesa 131,5 gramos e a súa autonomía é de ata 6 horas en conversa e 275 en espera, polo que poderiamos velo como unha versión un pouco mellorada do DX900 (que non era máis que unha versión remarcada do Glofiish DX900 de E-Ten, compañía adquirida por Acer hai varios meses).

O Acer DX900 permite o uso de dúas tarxetas SIM

PUBLICIDADE