Nyko lanza refrixeradores externos para as consolas de alta definición

mércores, 16 de xullo do 2008 Marcus Fernández

As novas consolas de videoxogos de alta definición teñen unha potencia e consumo superior ao da meirande parte dos ordenadores do mercado, o que as fai moi sensibles aos problemas de temperatura (de feito, nas vellas Xbox 360 podía producir unha avaría coñecida coma o anel vermello da morte ou as tres luces) polo que o fabricante Nyko decidiu lanzar solucións de refrixeración para PS3 e Xbox 360 que se venderán a 34,99 e 24,99 dólares respectivamente e que, aínda que incrementen o ruído das consolas, poden afectar considerablemente ao rendemento das consolas e a incrementar a súa vida útil.
Os ventiladores externos teñen sensores de temperatura, de xeito que adaptan a súa potencia ao calor detectado. Estas solucións colócanse na parte traseira das consolas e son aptas para o seu uso tanto en vertical coma en horizontal.

PUBLICIDADE