O 90% das unidades inmobiliarias de Lugo están conectadas á fibra óptica de Movistar
mércores, 10 de agosto do 2022
Telefónica
vén de facer balance da súa presenza en Lugo en materia de fibra
óptica FTTH (siglas de fibra até o fogar). Segundo fai saber a
operadora, o
90% das unidades inmobiliarias do municipio de Lugo (vivendas
unifamiliares, locais, oficinas, edificios de vivendas, etc) están
xa conectadas á dita tecnoloxía de Movistar.
Este
fito, engade a compañía, logrouse grazas “a un intenso traballo”
por parte dos equipos de despregamento de rede de Movistar e aos
plans de extensión desta infraestrutura, como o Plan de Extensión
da Banda Larga de Nova Xeración (PEBANG) e o Programa de
Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión
(Único-Banda Larga)), impulsados ambos polo Ministerio de Asuntos
Económicos e Transformación Dixital.
A
despregadura da rede de fibra, centrada agora nas áreas máis rurais
e orográficamente máis complexas, continuará polo menos até
decembro do 2023, cando a operadora ten previsto alcanzar case o 92,4
por cento das unidades inmobiliarias de Lugo. As máis apartadas, ás
que sexa imposíbel conectar por FTTH, poderán dispor de banda larga
vía radio ou satélite.
Os
fogares conectados por FTTH poden gozar xa da fibra óptica de
Movistar, que ofrece voz con alta calidade nas chamadas e máxima
velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos
(computador, tableta, móbil) de forma simultánea e sen reducir a
velocidade de conexión, entre outras vantaxes. Ademais, a operadora
destaca que “se o usuario dispón de MovistarPlus+ terá acceso a
canles de alta definición e poderá gozar dos seus contidos mentres
navega por Internet, ademais de conseguir a máxima velocidade e
resposta nos xogos en rede”.