O Acer Aspire 2930 inclúe WiMAX de serie

mércores, 23 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Acer presenta o seu novo portátil Aspire 2930, baseado en tecnoloxía Intel Centrino 2, o que permite reducir o tamaño do equipo sen perder rendemento e destaca tanto pola súa capacidade de reprodución de vídeo en alta definición (grazas ao chip Intel Graphics Media Accelerator 4500MGHD) como pola súa alta conectividade, pois aparte de Wi-Fi, tamén acepta comunicacións WiMAX, unha das solucións de banda larga móbil do futuro.
O deseño de este equipo está baseado no Gemstone, ten unha pantalla de 12,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, conta cun disco duro SATA de entre 120 e 320 Gb, soporta ata 4 Gb de RAM, inclúe lector de tarxetas de memoria (SD, MMC, MS, MS Pro e XD), mide 30 x 230 x 41 milímetros e pesa 2 quilogramos (ou sexa, que non entraría na gama de ultraportátiles pero estaría bastante cerca).

PUBLICIDADE