O BeBook Neo chegará en febreiro con pantalla táctil e Wi-Fi

luns, 25 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Os lectores de libros electrónicos continúan a mellorar en prestacións e reducindo o seu prezo, e coma dispositivo moi competitivo comezará a venderse a partires do 25 de febreiro por 299 euros o BeBook Neo, un dispositivo que opera cun procesador Freescale a 532 MHz (bastante máis rápido que o dos seus competidores), que está baseado nunha pantalla de papel electrónico de 6 polgadas cunha resolución de 800 x 600 píxeles), 512 Mb almacenamento interno ampliable mediante tarxetas SD de ata 16 Gb, toma de auriculares estándar e conectividade USB 2.0, que destaca por ter pantalla táctil (fabricada por Wacom e que permite realizar anotacións e destacar texto) e conectividade Wi-Fi.
O Bebook Neo ten unha batería que tras 3 horas de carga permite a lectura dunhas 7.000 páxinas, é compatible con multitude de formatos coma EPUB, PDF, TXT, HTML, RTF, MOBI, CHM, PDB, JPG, PNG, GIF, BMP e TIFF, a súa conectividade Wi-Fi permítelle acceder a distintas tendas de descargas de e-books sí como a páxinas web coma Wikipedia, Google ou Twitter, mide 196 x 121 x 10,6 milímetros e pesa 298 gramos.

As características do BeBook Neo faríano moi axeitado para contornos educativos


Presentación en vídeo do atractivo BeBook Neo

PUBLICIDADE