O BlackBerry Curve 8310 estrease en Alemaña

mércores, 1 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O agardado terminal BlackBerry Curve 8310 estrease no mercado desembarcando en Alemaña da man de Vodafone, de xeito que xa podemos incorporar un teléfono intelixente con GPS á familia de móbiles de RIM.
O Curve 8310 inclúe de serie o Vodafone Navigator, que permite ós seus usuarios saber onde están a cada momento e que mesmo permite evitar atascos de trafico, cortes de estradas ou malas condicións meteorolóxicas.
Aparte do GPS, o novo terminal ten características habituais nos BlackBerry de última xeración, coma unha cámara de 2 Mpíxeles (con flash baseado en LED), reprodutor multimedia avanzado (con soporte de ficheiros MP3, MIDI, AMR-NB, AAC/AAC+/eAAC+, WMA, MPEG4, H.263 e WMV), lector de tarxetas microSD, pantalla de cor cunha resolución de 320 x 240 píxeles, GSM cuatribanda, altofalante, marcación por voz, teclado QWERTY e trackball. Conta con conectividade Bluetooth 2.0 e mini-USB.
Ademais de mensaxería BlackBerry, o terminal tamén conta con MMS e correo electrónico, podendo ler ficheiros de Word, Excel, PowerPoint, PDF, JPEG, BMP e TIFF.
O BlackBerry Curve 8310 comézase a vender a 99,90 euros incluíndo unha tarxeta microSD de 1 Gb con 100 cancións (grandes éxitos) en MP3 precargadas para os 5.000 primeiros compradores.

PUBLICIDADE