O Bq Aquaris X5 é o primeiro smartphone con Cyanogen OS lanzado por un operador europeo

mércores, 11 de novembro do 2015 Redacción

Telefónica e Bq traballaron xuntos durante os últimos meses para traer a Europa o seu primeiro terminal con Cyanogen OS, un sistema operativo baseado en Android que ofrece unha interface máis personalizable e maiores niveis de privacidade e seguridade. Esta colaboración converte a Telefónica no primeiro operador en lanzar un dispositivo con Cyanogen OS en Europa e, de feito, o marzo pasado, Telefónica Ventures participou nunha rolda de investimento serie C en Cyanogen (compañía detrás destra distribución de Android).
O primeiro smartphone de Bq con Cyanogen OS será o Aquaris X5, que pódese adquirir dende hoxe na rede comercial de Movistar por 209 euros (IVE incluído). Os clientes de Movistar poderán financialo a 24 meses sen intereses por tan só 8,7 euros de cota.
Aquaris X5 é un smartphone de cinco polgadas de última xeración con conectividade 4G, procesador Qualcomm Snapdragon 412, 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna ampliable a través de SD. Conta cunha batería de 2.900mAh, que grazas á optimización do sistema operativo e aos compoñentes de baixo consumo, proporciona unha autonomía maior que outros smartphones de especificacións semellantes. Inclúe tamén cámaras de 13 Mpíxeles e 5 Mpíxeles (ambas as con flash).
Cyanogen OS ofrece unha serie de experiencias melloradas relacionadas co audio, a cámara, o teléfono, o email e o calendario. Vén de serie co identificador de chamadas Truecaller, que identifica e bloquea as chamadas non desexadas. AudioFX proporciona unha calidade de son de alta resolución con audio 24-bit sen cortes e o novo correo de Boxer ofrece funcionalidades de produtividade Premium, incluíndo xestión do calendario. No relacionado coa seguridade, Privacy Guard permite aos clientes controlar os datos persoais que comparte con terceiros, PIN Scramble sitúa os números do PIN en orde aleatoria e Protected Apps bloquea o acceso os cartafoles con contrasinal.
Na súa última versión, Cyanogen 12.1, incorpora funcionalidades adicionais como LiveDisplay, que regula automaticamente os axustes de pantalla segundo as condicións de luz e a hora do día. Ademais, o seu novo navegador proporciona unha experiencia máis lixeira, máis segura e máis rápida.

PUBLICIDADE