O CCG celebra este 25 de marzo a figura de Carvalho Calero cun especial web
martes, 24 de marzo do 2020
Dando
un paso máis no seu importante traballo para facernos a vida
confinada un pouco máis levadÃa estes dÃas, achegándonos á nosa
historia e á nosa cultura, o Consello da Cultura Galega vai publicar
este 25 de marzo un especial web para difundir a vida, a obra e o
legado de Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado este ano no DÃa das
Letras Galegas. Dáse a circunstancia de que o autor ferrolán
festexado no vindeiro 17 de maio, unha figura clave da nosa cultura
(foi o nexo de unión entre os grandes fitos de liberdade e
galeguismo previos aos 1936 e a recuperación da democracia; e tamén
un nexo de unión entre as culturas irmás de ámbalas beiras do
Miño) e da nosa historia, morrÃa en Santiago de Compostela tal dÃa
como mañá: un 25 de marzo de 1990.
Poderemos
velo na web do Consello da Cultura, na sección adicada ás Letras
Galegas 2020.
No
especial conmemorativo que prepara o CCG achégase un completo feixe
de recursos para comprender nas súas complexidades e matices a
contribución de Carvalho Calero: audios, imaxes, un roteiro e un
perfil biográfico que axuda a entender a dimensión desta figura á
que se lle dedica este ano o DÃa das Letras Galegas.
Henrique
Rabuñal asina a biografÃa do homenaxeado e é tamén o autor dun
roteiro que propón un percorrido por tres espazos nos que o autor
desenvolveu a súa actividade intelectual, profesional e persoal:
Santiago, Ferrol e Lugo. Un itinerario que se propón para tres
xornadas, que parte da casa natal en Ferrol e remata na estación de
tren de Lugo, un lugar simbólico desde o punto de vista persoal: foi
o lugar onde despediu á súa familia para ir a Madrid en 1936 e
onde, seis anos despois, abrazou por primeira vez á súa filla,
despois de que a guerra o cercase en Madrid.
A
parte gráfica consta de fotografÃas pertencentes ao arquivo
documental do Consello da Cultura Galega, da Real Academia Galega e a
unha serie de fotografÃas moi recoñecidas do autor ferrolán
realizadas polo fotógrafo Moncho Rama, que as cedeu para uso
exclusivo deste especial web.
Desde
o Arquivo Sonoro de Galicia ofrécense cinco documentos que pertencen
á Colección O Facho e que permiten escoitar na súa voz as
súas opinión sobre o galego e o portugués, sobre Castelao ou Otero
Pedrayo, entre outros galeguistas da época.