O CPEIG, a AMTEGA e a EGAP inauguran este martes unha nova edición do curso superior en eAdministración

luns, 12 de setembro do 2022 S. P.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e máis a Escola Galega da Administración Pública (EGAP) inauguran este martes 13 de setembro, na sede da EGAP (Santiago), unha nova edición do Curso Superior de Administración Electrónica, organizado polas tres entidades co obxectivo de “afondar dende unha perspectiva técnico-xurídica” na transformación presente e futura das entidades públicas e da súa relación entre elas e a cidadanía.

Participan no acto de apertura Fernando Suárez, presidente do CPEIG e director académico do curso, María José García Sexto directora da Área de Administración Dixital da AMTEGA, e Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP. Contarase tamén coa presenza de Miguel Ángel Domínguez presidente de Alastria e director executivo de Add4U, que achegará o relatorio inaugural sobre o futuro da Administración Electrónica. A cita dará comezo ás 11.00 horas. io maxistral sobre o presente e futuro da e-Administración

Fernando Suárez, presidente do CPEIG

A dirección académica está a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez. Así, os contidos do programa analizarán desde distintos enfoques a administración dixital para que o alumnado adquira ou perfeccione os seus coñecementos teóricos e prácticos en informática e en dereito.

Este curso superior desenvolverase do 13 de setembro ao 25 de outubro. Cun total de 114 horas lectivas, impartirase na modalidade semipresencial, con 30 horas de prácticas presenciais en Santiago de Compostela os días 13, 20 e 27 de setembro e 4, 11 e 25 de outubro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e 84 horas de teleformación.

PUBLICIDADE