O CPEIG celebrou a Noite da Enxeñaría en Informática destacando que as TIC marcan o camiño para saír da crise
venres, 28 de outubro do 2011
- Fernando Suárez deu a benvida á III Noite da Enxeñaría en Informática
O Colexio Profesional de Enxeñaría en
Informática de Galicia (CPEIG) celebrou esta noite o seu encontro anual, que
serve de punto de encontro de colexiados, membros do sector TIC, representantes
das distintas Administracións e do eido académico para reivindicar a profesión
informática. Fernando Suárez Lorenzo, presidente do CPEIG, recibiu aos
convidados, aos que dirixiu unha palabras de benvida, nas que non esqueceu a
recentes perdas humanas no sector: “Perdemos
a Jobs, Ritchie e McCarthy. Steve Jobs,
cofundador e presidente de Apple; Dennis Ritchie, creador da linguaxe C,
fundamental para o actual sistema operativo Linux; e John McCarthy, pai do
concepto de intelixencia artificial, son tres homes que pasaran á historia da
informática e á historia universal”.
- O presidente da Xunta captado pola cámara de María Encinar na Noita da Enxeñaría en Informática
Pero Suárez tamén quixo destacar que “malia
á crise, o sector TIC apostou pola innovación como medio para saír dela. No
contexto actual de incertezas económicas, o que ninguén dubida e da necesidade de mellora da competitividade como
medio fundamental para despexar as néboas que nos atenazan. Todos coincidimos no
papel primordial das TIC para darnos luz no camiño cara á mellora económica de
Galicia e de España”.
A este encontro acudiron o alcalde de Santiago de Compostela, Gerardo Conde
Roa; o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez; os reitores da USC e da UDC,
Juan Casares e José María Barja; a secretaria xeral de Modernización e
Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira; e mesmo o presidente da Xunta, Alberto
Núñez Feijoo; deixando constancia a importancia que se lle dá ao traballo que
desenvolven os enxeñeiros en informática na sociedade actual.
A Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia incluíu a entrega dos premios
anuais do colexio, cos seguintes galardoados:
Premio Proxecto Fin de Carreira: Daniel Fernández Núñez.
Premio Comunicación Informática: Código Cero.
Premio á Facultade de Informática da Coruña polo seu 25 aniversario.
Premio á Traxectoria Profesional: Juan Pazos Sierra, primeiro doutor en Informática e
catedrático de Enxeñaría do Coñecemento de España. Foi director do primeiro laboratorio de
intelixencia artificial de España.
Premio Iniciativa Empresarial: saída da consultora tecnolóxica Altia ao Mercado Alternativo
Bursátil (MAB).
Premio Iniciativa da Administración: proxecto ABALAR, Xunta de Galicia.
Premio Iniciativa Emprendedora: Iniciador Galicia. Punto de encontro para os emprendedores TIC
galegos que xa conta con más de 25 eventos, máis de 1.200 asistentes, máis de
900 seguidores por streaming, 1.700 followers en twitter e 350 seguidores en LinkedIn.