O CPEIG e AMTEGA convocan o Curso Superior de eAdministración
martes, 10 de setembro do 2019
O
Colexio Profesional
de Enxeñaría en Informática (CPEIG) e a axencia autonómica AMTEGA
veñen de convocar o Curso Superior de Administración Electrónica,
unha actividade formativa que se dirixe a formar en tecnoloxías de
xestión, tramitación, seguridade, comunicación e transparencia a
80 empregadas e empregados públicos.
Inaugurarase
o 24 de setembro cun relatorio maxistral sobre o presente e futuro da
Administración Dixital, a cargo do director da División de
Planificación e Coordinación de Ciberseguridade do Ministerio de
Política Territorial, Miguel Ángel Amutio, e o director de contidos
de Retina do xornal El País, Jaime García Cantero. O curso
celebrarase do 24 de setembro ao 22 de outubro nas EGAP en Santiago
de Compostela.
Esta
actividade ten como finalidade “afondar, desde unha perspectiva
técnico xurídica e cunha importante parte práctica, na concepción
da eAdministración, incidindo na relevancia que ten a súa
implantación nas distintas administración galegas”. Neste senso,
os contidos analizarán desde distintos enfoques o afianzamento das
TIC no goberno e a xestión electrónica, para que o alumnado adquira
ou perfeccione o seus coñecementos teóricos e prácticos en
informática e en dereito.
A
dirección académica está a cargo do presidente do CPEIG, Fernando
Suárez.
Este
curso superior será impartido na modalidade semipresencial, con 30
horas presenciais en Santiago de Compostela, os días 24 de setembro
e 1, 8, 15 e 22 de outubro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a
19:00 horas, e 84 en teleformación. A matrícula, aberta até as
23.55 horas do 16 de setembro, pode facerse vía web.