O Comercio de Allariz aposta polas canles dixitais para promoverse no mundo
xoves, 7 de novembro do 2019
A
entidade
Comercio de Allariz ten nova imaxe, novas presenzas dixitais e novos
xeitos de achegarse ao mundo. Esta liña de comunicación e
mercadotecnia remodeladas da entidade na que xuntan forzas os
establecementos do concello ourensán presentouse este xoves 7 de
novembro, poñendo o foco no seu carácter innovador, na diversidade
de propostas que aglutina e no feito de que será a nova marca que
acompañe as comunicacións relacionadas co sector económico do
municipio. Entre outras cousas (e outras que virán), a imaxe
renovada estréase cun novo logotipo (que integra o comercio e a
hostalerÃa de Allariz), a creación dun blog e a posta en marcha
dunha rede social.
Segundo
informa o Concello a nova imaxe foi creada por Ainet Coinsulting e
ten o seu punto de partida no deseño “dun novo produto máis
moderno que realza como principal elemento o comercio, entendendo
este como o conxunto da oferta de bens e servizos, xunto co concepto
de Allariz como marca de calidade, exclusividade e oferta variada.
Xunto
a nova imaxe corporativa incorpórase, no novo plan de comunicación,
a
creación dun blog destinado ás novas do comercio e hostalerÃa de
Allariz na páxina web allariz.gal/xornal, un apartado exclusivo
no que se irán publicando novas xerais relacionadas co sector
económico de Allariz. Ademais, a
posta en marcha dunha rede social propia, en Facebook,
completará, polo momento, o plan de comunicación para mellorar a
relación entre cliente e Allariz.