O Concello de Ourense organiza un club maker para a rapazada

martes, 9 de agosto do 2022 S. P.

O Concello de Ourense, dende o Servizo de Formación Ocupacional, Desenvolvemento Local e Promoción Económica, vai organizar dúas edicións dun Mini Maker Club, destinado a familiarizar á rapazada coas tecnoloxías abertas, participativas e argalleiras. Os obradoiros, abeirados ao proxecto Academia Maker, inclúen a iniciación ao deseño e impresión 3D con fabricación aditiva, experimentos con electrónica interactiva, creación de videoxogos por equipos e experiencias con Realidade Virtual.
As actividades contan coa asistencia permanente de monitores especializados con anos de experiencia neste tipo de iniciativas ocio-educativas.
O público ao que se dirixen estas actividades son nenos e nenas de entre 8 e 11 anos. Todas as actividades serán no edificio da Escola de Informática do Campus de Ourense
A partir do día 16 de agosto, estará aberto o prazo de inscrición na páxina web de Minimakerclub.

PUBLICIDADE