O Concello de Outes convoca axudas para a adquisición de material informático

mércores, 10 de novembro do 2021 S. P.

O Concello de Outes, co fin de axudar aos fogares a equiparse dixitalmente nun contexto (o actual) no que cada vez resulta máis necesario vivir, traballar e formarse tecnoloxicamente, vén de convocar axudas individuais para a adquisición de determinado material informático para o alumnado do curso actual.
Poderán solicitalas todas as alumnas e alumnos que durante o ano 2021 cursen estudios de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación profesional e Universidade, e cumpran os requisitos sinalados nas bases reguladoras da convocatoria.
O obxectivo desta convocatoria é favorecer “a igualdade de oportunidades, de trato e de acceso universal á educación en igualdade de condicións”. Achegaranse 350 euros para as rendas de até 6.000 de RPC (Renda Per Cápita anual) euros e de até un máximo de 200 euros para as comprendidas entre os 6.001 e os 8.000 euros.

PUBLICIDADE