O Coworking Dixital Compostela móstranos este mércores como atraer talento á nosa empresa

luns, 5 de xuño do 2023 S. P.

Este mércores 7 de xuño o Coworking Compostela Dixital (Cámara de Comercio de Santiago) vai organizar unha xornada en liña sobre metodoloxías e recursos dos que botar man para formar un grupo axeitado de profesionais para a nosa empresa ou emprendemento. A actividade Como atraer e reter talento na empresa? A importancia do equipo celebrarase ás 15.30 horas deste mércores e terá unha duración de 3 horas.
A xornada enfócase nos motores de atracción, selección e retención de talento nas empresas. Na sesión abórdanse diversos puntos clave para lograr construír e manter un equipo de alto rendemento. Destácase a importancia do liderado efectivo, que inclúe a capacidade de comunicar unha visión clara, inspirar e motivar ao equipo, e fomentar unha cultura de traballo colaborativa.
A actividade está dirixida a persoas emprendedoras e startups, persoas autónomas e profesionais e pemes, micropemes e empresas do territorio.
A xornada será impartida por Pablo López, especializado nos procesos de transformación empresarial ao través de metodoloxías de deseño intelixente (Design Thinking), Lean Startup e LEGO Serious Play.

PUBLICIDADE