O Cybook Opus demostrado en vivo

mércores, 8 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Hai uns meses anunciouse o lanzamento do Cybook Opus para o mes de xuño nos EE.UU., no que prometía ser un dispositivo de lectura de libros electrónicos cunha pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 600 x 800 píxeles, 150 gramos de peso, 1 Gb de memoria interna (ampliable con tarxetas microSD), sensor de movemento, autonomía para a lectura de 8.000 páxinas e 21 días en espera e con soporte de documentos ePUB e PDF; pero o trebello parece resistirse a chegar ao público, e finalmente é a xente de MobileRead quen tivo o privilexio de probar o dispositivo con pantalla de tinta electrónica, polo que decidiron publicar na Internet unha galería de fotografías do Cybook Opus en funcionamento, e incluso un vídeo no que se comproba o funcionamento do acelerómetro para comprobar o uso do lector en vertical e horizontal:


Podemos comprobar que o dispositivo é de bastante calidade e ergonomía, tengo agora que decidir o público se gusta de lectores de pequeno tamaño (que competirán cos móbiles de pantalla táctil actuais) ou optan por solucións coma o Kindle DX.

PUBLICIDADE