O DJI Spark preséntase como un mini-dron para o grande público
mércores, 24 de maio do 2017
Hoxe poderÃase dicir que o fabricante de drons DJI fixo
historia, xa que presentou o seu novo DJI
Spark, un trebello que non só conseguirÃa ser máis económico que o DJI
Mavic Pro, senón que tamén serÃa considerablemente máis pequeno e lixeiro,
cun tamaño moi semellante ao dun smartphone, de xeito que pasariamos dun dron
que pode transportarse nunha mochila a un pequeno dispositivo que pode levarse
no peto interno dalgunha chaqueta.
O DJI Spark ten que facer concesións para conseguir ser tan compacto, como que
a súa cámara grava vÃdeo Full HD a 30 imaxes por segundo en vez de en 4K como
os seus irmáns maiores, e incluso o sistema de estabilización e orientación da
cámara é máis limitado, pero consegue manterse nun nivel o suficientemente
digno como para ser unha solución moi atractiva para usuarios que queren xogar cun dron con cámara. Este novo
trebello voador pode despegar directamente da man do seu usuario, e aÃnda que
pode manexarse cun mando ou cun smartphone, chama bastante a atención o fieito
de que poida controlarse con xestos tan sinxelos como mover a palma da man para
dirixir o vehÃculo voador ou debuxar un marco dos dedos de ambas mans para que
o dron dispare aos poucos instantes unha fotografÃa, converténdose nun xeito
ideal para conseguir selfies incribles.
Voa até a 50 quilómetros por hora e tamén pode configurarse nun modo deportivo
para poder experimentar a experiencia en primeira persoa, de xeito que cun
casco DJI Goggle serÃa posible gozar dunha experiencia inmersiva que farÃanos
soñar que estamos aos mandos dun vehÃculo voador.
Ao novo dron non lle falta tecnoloxÃa para evitar colisións, un práctico
sistema de volta a casa, e incluso
venderase en 5 cores bastante rechamantes, conseguindo que o dron máis cativo de DJI poida gozar dun
carácter de seu que probablemente favoreza a súa popularización como dron de
consumo que empregar para a fotografÃa ou a gravación de vÃdeo de xeito
afeccionado.
A cámara equipada no DJI Spark permite disparar fotografÃas de 12 MpÃxeles e
gravar vÃdeos estabilizados a Full HD, aÃnda que o seu gimbal mecánico só conta
con 2 eixes, polo que para certo tipo de tomas será preciso o movemento do dron
e non só o da cámara, pero en calquera caso consegue realizar tomas de vÃdeo
cunha calidade notable para un dispositivo tan pequeno e lixeiro. Para a
realización de certas fotografÃas tamén é moi axeitado, contando con modos para
a realización de imaxes panorámicas e tamén o chamado ShallowFocus (efecto de
enfoque selectivo). Non lle faltan os modos de voo intelixente de seguimento
activo, asà como as tomas rápidas seguindo unha serie de patróns (elevándose
cara arriba mentres a cámara apunta cara abaixo, voando en diagonal afastándose
coa cámara fixa nun obxectivo, voando en cÃrculos ao redor dun obxectivo ou
trazando unha espiral ao redor do obxectivo mentres se ascende voando).A
aplicación móbil DJI GO 4 tamén inclúe numerosas opcións para axustar os
contidos captados para facilitar a súa rápida publicación nas máis populares
redes sociais.
AÃnda que non é tan completo como outros drons de DJI, o DJI Spark si integra
moitas das tecnoloxÃa de seguridade implantadas nos últimos meses nos seus
irmáns maiores, que permÃtenlle gozar dun sistema de visión que funciona até a
30 metros de distancia e pode captar obstáculos até a 5 metros de distancia,
evitando asà moitos dos accidentes que supoñÃan que se estragase completamente
o trebello ao impactar a alta velocidade con obxectos e superficies
imprevistas. O dispositivo voador tamén volve de xeito automático a casa se ve que está a quedar sen
baterÃa ou se perde a conexión co seu sistema de control, evitando asà que se
perda o dron ou que remate caendo na auga ao quedar sen carga (problema máis
que frecuente en dispositivos semellantes).
A baterÃa recargable (mediante microUSB) do DJI Spark permite até 16 minutos de
voo, e de empregarse co accesorio de mando a distancia pode recibir vÃdeo en
tempo real a 720p a unha distancia de até 2 quilómetros.
O DJI Spark pode xa reservarse
a un prezo de 599 euros, para o seu lote básico, mentres que o lote Vuela Más inclúe mando a distancia e
algún accesorio máis que o fai moi recomendable, pero eleva o seu prezo aos 799
euros. ConfÃase en que se entrega aos compradores a partires do 15 de xuño, e
aÃnda que o prezo é bastante axustado, onde si poderÃa converterse en todo un
fenómeno é nos EE.UU., onde estará dispoñible por a partires de 499 dólares
(444 euros), prezo que pode considerarse moi popular para un produto tan
versátil e que facilmente pode meter ao público no peto.
VÃdeo promocional do DJI Spark