O Dell Vostro V130 combina potencia e portabilidade
martes, 30 de novembro do 2010
A necesidade de
equipos informáticos en mobilidade é para moitos unha loita constante entre
unhas elevadas prestacións e unha alta portabilidade, de aà que estean a coller
forza os portátiles de tamaño reducido que non conten coas limitacións dos
ultraportátiles de baixo custo. Nesta liña chega o Dell
Vostro V130, un portátil con pantalla con retroiluminación LED de 13,3
polgadas (cunha resolución de 1.366 x 768 pÃxeles), que mide 330 x 230 x
16,5-19,7 milÃmetros e pesa 1,59 quilos (cunha baterÃa de 6 celas) de xeito que
está moi próximo a un ultraportátil, pero diferenciándose claramente polo seu
procesador que grazas a o sistema Hyperbaric Cooling non precisa de ventilador
para refrixerar o equipo (reducindo considerablemente o ruÃdo).
O equipo poderá mercarse en cor vermella ou prata, estando fabricado en
materiais coma o aluminio e a aliaxe de magnesio, con bisagras de zinc, o que
dálle robustez a este portátil.que é unha versión actualizada do Vostro V13,
que agora conta cos últimos procesadores Intel Core ULV, saÃda HDMI e VGA, 2
portos USB e outro USB/eSATA. Tamén conta con conectividade Wi-Fi N, opción
WiMAX, Bluetooth 3.0 e espazo para tarxetas SIM. Chega ao mercado hoxe mesmo a
un prezo de a partir de 479 euros.