O Enterprise feito cámara web

martes, 19 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Os afeccionados á franquía televisiva e cinematográfica de Star Trek poderán integrala no seu escritorio informático grazas a unha cámara web que venden en Brando por 30 dólares (20,85 euros) e que ten a forma do cruceiro estelar U.S.S. Enterprise NCC-1701, que era o modelo da nave que podiamos ver na clásica serie dos anos 60.
A webcam mide 17 x 7,2 x 4 centímetros, pesa 81 gramos, é compatible equipos informáticos con Windows 7/XP SP3/Vista SP1 e Mac OS X 10.5.1 coma mínimo aos que se conecte por USB. Pode captar imaxes a 0,3 Mpíxeles e vídeo a 30 fotogramas por segundo. Non precisa de controladores adicionais para funcionar e é totalmente compatible con aplicacións coma Skype, MSN Messenger ou iChat.

PUBLICIDADE