FIFA 12 vende 25 veces máis que PES 2012 no Reino Unido

xoves, 20 de outubro do 2011 Marcus Fernández

A guerra dos xogos de fútbol é xa un clásico desta época, pero en España vívese dun xeito diferente, pois aínda que coa chegada das consolas de alta definición a franquía de EA Sports (FIFA) supere considerablemente á de Konami (PES) as vendas seguen a inercia arrastrada da anterior xeración de consolas e vemos como incluso hoxe na cadea de venda de videoxogos GAME lidera as vendas o Pro Evolution Soccer 2012 para PS3, o que moitos atribúen á falta de información dos consumidores españois e que contrasta enormemente cos datos británicos, pois o FIFA 12 está a rachar con todas as marcas no Reino Unido superando ao título de Konami nunha relación de 25-1.
No Reino Unido o FIFA 12 conseguiu vender 3,2 millóns de unidades na súa primeira semana, mentres que o PES 2012 comezou a súa andaina no posto 5 de vendas, o que ilustra unha acollida moito máis modesta e proporcional á súa calidade, xa que dende Konami xa se teñen desculpado en numerosas ocasións por non ter renovado o motor do seu xogo nas consolas de alta definición, de xeito que moitos non esperan o rexurdir de tal franquía ata a nova xeración de videoconsolas domésticas.

PUBLICIDADE