O Galaxy A31 chega a un prezo de 299 euros

luns, 29 de xuño do 2020 Marcus Fernández

Samsung presentou hoxe o novo smartphone Samsung Galaxy A31, que combina unha pantalla Infinity-U de 6,4 polgadas, cámara cuádrupla e unha xenerosa batería de 5.000 mAh, de xeito que combina as principais demandas dos usuarios actuais mantendo o seu prezo nuns contidos 299 euros.
Este novo smartphone ten pantalla Super AMOLED Full HD, cun grande tamaño, pero mantendo un ancho que facilita un agarre confortable (integrando lector de impresións dixitais); a súa cámara traseira principal ten 48 Mpíxeles, contando tamén cun grande angular de 8 Mpíxeles, unha cámara macro de 5 Mpíxeles e unha cámara de profundidade de 5 Mpíxeles; a súa cámara frontal é de 20 Mpíxeles; a súa batería non só ten unha grande capacidade, senón que tamén inclúe carga rápida de 15 watts (que en 30 minutos podería achegar enerxía para manter o terminal acendido o resto do día); e chega equipado con 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 512 GB) e un procesador Mediatek MTK6768 de 8 núcleos.
Cómpre destacar que ten Bluetooth 5.0, toma para auriculares e NFC compatible con Samsung Pay, de xeito que pódese gozar dun sistema de pagamento móbil cómodo e seguro sen contar cun smartphone de gama alta.

O Galaxy A31 chega inicialmente con carcasa en cor negra ou azul

PUBLICIDADE