O Galaxy Fold sairá á venda en España o 18 de outubro
martes, 1 de outubro do 2019
Tras un redeseño por mor dos problemas de integridade que
tiña o Samsung Galaxy Fold, chegou aos mercados surcoreano e estadounidense o primeiro
móbil con pantalla encartable do mercado, anunciándose que eu Europa teriamos
que agardar ao mes de outubro para poder pórlle as mans enriba, e aÃnda que
Samsung non realizou un comunicado oficial, o misterio vén de desvelalo Orange,
que na súa revista mensual
publica un anuncio no que din claramente Galaxy Fold estará «dispoñible a partires
do 18 de outubro de 2019».
Quedan asà menos de dúas semanas para que un dos dispositivos máis interesantes
do ano chegue ás tendas a un prezo de 2.000 euros, polo que non se espera que consiga
grandes vendas, senón que simplemente busca abrir paso a unha nova categorÃa de
produtos que tanto poderÃan marcar o camiño dos móbiles do futuro como poderÃan
situarse nun punto entre os smartphones e as tabletas, cunha identidade de seu.
Este novo smartphone ten unha pantalla flexible de 7,3 polgadas, que cando está
pechado permite o control mediante unha pantalla exterior de 4,6 polgadas.
Cómpre advertir que a pantalla flexible do Galaxy Fold é un produto que dista
moito das pantallas ás que estamos afeitos, tanto en calidade de imaxe como en
fraxilidade, e dende Samsung insisten en que a pantalla flexible non debe
someterse a moita presión cos dedos, á vez que hai que procurar manter o dispositivo
libre de po e auga, xa que o seu deseño dificulta á protección á que estamos
afeitos en dispositivos de alta gama actuais.
VÃdeo no que Samsung incide na fraxilidade do Galaxy Fold